|
Ademais das oficinas de Madrid, ARIEMA
conta con ARIEMA ENERXÍA S.L. en
Santiago de Compostela para ofrece-lo
mellor servicio en Galicia, e
profundizar nas melloras enerxéticas en
barcos. ARIEMA Enerxía
S.L. traballa no desenvolvemento de produtos e servizos
tecnolóxicos avanzados especialmente en melloras enerxéticas de
barcos. O seu mercado natural está centrado en Galicia e nas
melloras enerxéticas en barcos (especialmente de pesca). É a
única empresa das súas características en España.
ARIEMA Enerxía
S.L. investiga a aplicación de novos combustibles en barcos. A
liña de traballo máis prometedora comercialmente no curto prazo
é a utilización de GLP, que está a ser actualmente ensaiada por
parte de CETPEC e REPSOL coa colaboración de ARIEMA ENERXIA,
existindo nestes momentos 22 lanchas de pesca de baixura en
Galicia (preténdense alcanzar as 200 antes da etapa de
comercialización) que funcionan a GLP cun aforro económico do
30-35%.
A utilización
de hidróxeno é unha aposta de maior prazo, que posicionará a
Ariema Enerxía S.L. como unha das poucas empresas cualificadas
en Europa para poñer en marcha esta aplicación, empezando con
proxectos piloto e derivando nun prazo maior a pequenas flotas.
Como subministrador de tecnoloxía, destaca a primeira Pila de
Combustible de 5kW instalada en Galicia (capaz de converter
directamente a enerxía química dun combustible -hidróxeno- en
enerxía eléctrica), subministrada por Ariema Enerxía ao Centro
Tecnolóxico da Pesca (CETPEC). A súa función é de sistema de
subministración eléctrica autónoma independente para as
instalacións de comunicación do Centro de Formación "Vicente
Gradaílle".
Ariema
participa no proxecto SPHERA, un proxecto Cenit sobre as
tecnoloxías do hidróxeno liderado por Gas Natural. Ariema
Enerxía desenvolverá a I+D básica para a utilización de
hidróxeno en barcos, dende os estudios das experiencias previas
ata a enxeñaría básica dunha instalación de enerxía auxiliar
para unha embarcación de 10 metros de eslora. Os obxectivos
tecnolóxicos máis destacados son:
 | Sistemas de
xeración e subministración de hidróxeno: aspectos específicos
para barcos |
 | Sistemas de
almacenamento a bordo; mellores tecnoloxías e aspectos de
seguridade |
 | Uso de
hidróxeno como enerxía auxiliar e para propulsión. |
Co avance
tecnolóxico que se logre no proxecto SPHERA nos estudios básicos
de utilización de hidróxeno en barcos, ARIEMA ENERXIA terá unha
posición moi vantaxosa para desenvolver nunha primeira fase os
servizos:
 |
Consultoría tecnolóxica a estaleiros |
 |
Enxeñaría de instalacións de hidróxeno en barcos, incluíndo
sistemas de almacenamento, motores e pilas. |
Ariema Enerxía, en colaboración
con CETPEC, está a desenvolver o Proxecto Apache, a finalidade
do cal é propulsar unha pequena embarcación de Porto de Celeiro
a través da aplicación dun sistema de propulsión eléctrico no
que o combustible de partida é hidróxeno que alimenta unha pila
de combustible.
Destaca a organización en Novembro
de 2007 por parte de Ariema Enerxía do Terceiro Encontro
Sectorial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible, celebrado en
Santiago de Compostela.
|